lunes, 17 de diciembre de 2012

Penas da ialma

Un día triste

Estando eu traballando na peluquería chegaron as clientas contando que fora un barco a pique, sen darlle maior importancia, que non se sabía se era certo. Cada un que entraba traía unha noticia nova que nos ía poñendo os pelos de punta. Cando chegaron as miñas fillas dicindo que morrera moita xente e que traía mercancías perigosas xa non sabiamos o que facer. 
A miña filla pequena comenzou a chorar desesperadamente e tivemos que madala para a  Coruña con miña nai. Despois chegaron as penas, todo era cousa de tolos, incluso había quen dicía que iamos morrer todos...¡un caos! Uns marchaban antes, outros despois. 
De aí en adiante empezou a miña tristura, o meu tormento, onde eu chorei os versos de Rosalía onde dicía: "Adiós ríos, adiós fontes, adiós regachos pequenos..." e lembrei tamén os emigrantes e chorei a miña emigración, pensando nas miñas fillas, que ainda quedaban en Fisterra.
Cando estabamos chegando a Vimianzo, de repente vimos baixar como se fora unha guerra os coches cos soldados. ¡Era terrible! Eu enpecei a chorar desesperadamente ata que chegamos a Coruña. Fomos para a Casa do Mar, onde seguimos coa dor.
Cando vimos a explosión foi terrible. Pensei que non podiamos volver nunca. Pero as sete da mañán dixeron que xa podiamos voltar. Foi moi triste porque estando á altura das casas baratas (a entrada do pobo) o único que vimos foi un can blanco, famélico, vagando errante.
Nos días posteriores dicíase que  non se podían comer as verduras  nin o peixe; de feito a Fisterra custáballe vender o pescado que chegaba a lonxa, xa que ninguén o quería...
Pero todo pasou e aínda estamos aquí para contalo.

MANOLITA

No hay comentarios:

Publicar un comentario