viernes, 21 de diciembre de 2012

Parecía unha guerra. Impoñía moitísimo.

Nós co Casón vivimos un susto moi grande. Estabamos traballando no supermercado, pero xa había uns días que dixeran que embarrancara ese barco. Nós polo perigo que había, xa mandamos os meus pais co neno para Coruña. A nena como xa a tiñamos en Santiago xa quedou alí. Nós xa era moi tarde cando saimos de Fisterra, porque non pensabamos saír, pero cando escoitamos a explosión, e vimos as chamas e o fume (que se vían dende a nosa casa) xa foi cando decidimos coller os coches e marchar tamén para Coruña. E ó ir polo camiño era unha cousa de pena. Iso si facía chorar, porque aquelo era incrible. Parecía unha guerra. Viñan os soldados todos eles en camións, en coches Patrol, todos cara Fisterra. Iso impoñía moitísimo.
Ao día seguinte, seguindo as noticias dende a televisión, comunicaban que xa non había tanto perigo, que a contaminación xa era mínima, e as nubes ían cara outro lado. Así que cediño, voltamos para fisterra. Pero antes de vir, compramos o pan para a xente que había no pobo (gardas, soldados; de feito na nosa porta había cinco, coidando do súper) Unha vez rematamos o pan, compramos fariña, e xunto cunha amiga, Ramonita, fixemos empanadas para repartir entre os “coidadores do pobo”.
Pero antes diso, o que fixemos nada máis chegar a Fisterra foi dar unha volta ó pobo, e o primeiro que vimos foi un can branco e negro, paseando soliño polo pobo.
Nos días seguintes, todo foi recuperando a normalidade: a xente voltando a Fisterra, nós a traballar tranquilamente, ata o día de hoxe...

MARUJA B.

No hay comentarios:

Publicar un comentario