viernes, 21 de diciembre de 2012

"Fisterra, un barco explota"

Eu estaba en Canarias e de repente, escoitei na televisión: “Fisterra, un barco explota”. E preguntei á xente que había por alí se estaban a falar da miña Fisterra. Pero todos dicían “no pasa nada, no pasa nada”.
Eu xa empecei a chorar. Retireime para a habitación chorando, porque me acordaba de meus irmáns, meus sobriños, de toda a miña familia, de toda Fisterra!.
Despois achegouse moita xente que había por alí dicirme que non chorara, especialmente un químico de Vigo, que me dixo que non chorara, que non pasaba nada, pero igualmente botei a noite chorando pensando qué sería de meus irmáns, que sería de Fisterra, dos seus barcos, do seu mar...
Cando despois vin na televisión aquela fila de coches, aqueles soldados desfilando e o porto deserto, sen máis que dous velliños e un can pequeño non sentín máis que pena.
Eu chamaba, día e noite, a miña irmá, a meu irmán, a meu cuñado, a todos, e ninguén me contestaba. E ó día seguinte chamoume meu irmán ó fin, dicindo que estaban todos ben, que non collían porque estaban todos en Coruña na casa duns amigos, que non me preocupara que xa pasara todo, e estamos todos ben, rodeados dunha xente estupenda que nos está tratando marabillosamente ben.

TINITA

No hay comentarios:

Publicar un comentario