viernes, 21 de diciembre de 2012

Coplas do Casón

As letras das coplas son un eco do que pasa no día a día, e das noticias máis relevantes dunha zona ou lugar, aderezadas cun pouco de sorna, ou a retranca, que diriamos en Galicia. Velaquí un exemplo duns versos recitados no entroido:

Este ano a sardiña
que se enterra en Corcubión
non é de xeito nin alba
é das que fan explosión

O casón e mailo Laxe
xorbaron a paisaxe

Ai sardiñiña querida,
chora toda a poboación,
este ano te olvidamos
pola culpa do Casón

Temos ó señor Alcalde
con unha gran depresión,
e o culpabel de todo
é o mercante Casón

Este ano os turistas
marcharán para o Japón,
por culpa das anilinas
e da contaminación

Quedouse todo deserto
o dia da evacuación
e tamén con nós fuxiron
a sardiña e longueirón

Este ano foi un ano
de moitísimo follón.
Coas tetas da Sabrina
e co mercante " Casón"

O señor Gobernador
en Dudú non confiou,
ai o fixo en Madiedo
que todo o controlou.

O crego de Corcubión
non debe de pagar IVA
e por eso non lle importa
montar a Cooperativa

No cine de Corcubión
peliculas non has de ver
porque hai muitas persoas
cosendo a todo coser

Por estoupar, estoupando
os petardos e o Casón.
Non estoupa o Contrabando,
nin o mafioso cabrón.

O mafioso maricón
ten títulos a esgallo:
contrabandista,drogón
denunciante, espantallo.

Coa droga e co contrabando,
o pobo de Corcubión,
e a quen está denunciando,
meteraos no Casón.

Meteraos no Casón
pra que estoupen todos xuntos, 
o Mafioso Maricón
e quen lle quitou os untos.

[...]

No hay comentarios:

Publicar un comentario