viernes, 14 de diciembre de 2012

Medo, incerteza e algo de diversión.

Eu estaba na casa. Escoitei moito barullo e soou o teléfono. Era miña cuñada que me preguntaba se me enterara do que pasara. Contoume que explotara un barco e que morreran 21 homes e que había que marchar do pobo. Puxen a televisión e xa vin a noticia. Viñeron buscarnos uns amigos e marchamos para Muros a miña filla, cuñada, súa filla embarazada  e eu. Incluso levamos un can pequeniño, pois non sabiamos o tempo que iamos estar fóra. 
Alí botamos uns 10 ou 12 días porque os nosos amigos non nos deixaban volver, polo peligro que podiamos correr. Na súa casa eramos preto de vinte persoas, durmindo apretados e incluso no faiado. Pasamos moito medo. Dentro do malo, pasámolo moi ben porque eramos moitos e porque xogamos ás cartas, saiamos dar paseos e iamos ó mercado. Sen embargo, cando viamos na televisión todo o que estaba a pasar, volviamos a sentir temor. 
Á volta, cando viñemos para Fisterra encontrámonos coa xente moi asustada. Cando nos retornamos xa era un pouco tarde e xa había moita xente que regresara. Tiñamos problema coa comida: as verduras, o peixe... porque  dicían que estaba contaminado, así que iamos tirando doutra comida: pasta, carne que tiñamos almacenada... 
Despois, co paso do tempo, foi normalizándose a cousa, pero aínda é hoxe cando con só recordar ese momento, revivo a angustia que naqueles días pasei.

MARUJA S.

No hay comentarios:

Publicar un comentario