Nós co Casón vivimos un susto moi
grande. Estabamos traballando no supermercado, pero xa había uns
días que dixeran que embarrancara ese barco. Nós polo perigo que
había, xa mandamos os meus pais co neno para Coruña. A nena como xa a tiñamos en Santiago xa quedou
alí. Nós xa era moi tarde cando saimos de Fisterra, porque non
pensabamos saír, pero cando escoitamos a explosión, e vimos as
chamas e o fume (que se vían dende a nosa casa) xa foi cando
decidimos coller os coches e marchar tamén para Coruña. E ó ir
polo camiño era unha cousa de pena. Iso si facía chorar, porque
aquelo era incrible. Parecía unha guerra. Viñan os soldados todos
eles en camións, en coches Patrol, todos cara Fisterra. Iso impoñía
moitísimo.
Ao día seguinte, seguindo as noticias
dende a televisión, comunicaban que xa non había tanto perigo, que
a contaminación xa era mínima, e as nubes ían cara outro lado. Así
que cediño, voltamos para fisterra. Pero antes de vir, compramos o
pan para a xente que había no pobo (gardas, soldados; de feito na
nosa porta había cinco, coidando do súper) Unha vez rematamos o
pan, compramos fariña, e xunto cunha amiga, Ramonita, fixemos
empanadas para repartir entre os “coidadores do pobo”.
Pero antes diso, o que fixemos nada
máis chegar a Fisterra foi dar unha volta ó pobo, e o primeiro que
vimos foi un can branco e negro, paseando soliño polo pobo.
Nos días seguintes, todo foi
recuperando a normalidade: a xente voltando a Fisterra, nós a
traballar tranquilamente, ata o día de hoxe...
MARUJA B.
No hay comentarios:
Publicar un comentario